Pérez Pintos, Irene
(enviar correo)Irene Pérez Pintos (Vigo, 1954), licenciada en FiloloxÃa Románica pola USC, traballa dende hai anos como profesora de Lingua galega no ensino (público) secundario. É autora de varios contos infantÃs: Ire (2000), Manu (2001), O porco centelludo (Xerais, 2003) e «Cousas que facer en dÃas de chuvia», publicado no volume colectivo Quéroche contar un conto (Xerais, 2010); do manual de regulares maneiras Etiqueta para todos (Xerais, 2009) e da unidade didáctica Xosé Mª Ãlvarez Blázquez (Xerais, 2008). Tamén é nai orgullosa de dous fillos e dunha filla, e irmá de Rodrigo Pérez Pintos.