Regueira, Mario
(enviar correo)Mario Regueira (Ferrol, 1979) é doutor en TeorÃa da Literatura e Literatura Comparada, tras cursar estudos de FiloloxÃa Galega e Dereito. No campo dos estudos literarios ten publicado o ensaio heterodoxo Lois Pereiro, unha persecución (2011). Colabora como crÃtico literario en distintos medios, sinaladamente en Sermos Galiza, e preside, desde 2016, a Asociación Galega da CrÃtica. Ademais, participa do podcast Burán, que se emite en Radio campUSCulturae e Cuac FM.Como narrador, comezou a súa carreira co libro de relatos Rebelión no inverno (Xerais, 2004) ao que seguen as novelas L'affiche rouge (Xerais, 2007) e Outono aquà (2012), esta última premio Lueiro Rey de novela curta e traducida ao castelán como Las hojas muertas (2013). Como poeta ten publicado Tanxerina (2006, Premio XosemarÃa Pérez Parallé), Blues da Crecente (2009, Premio Xohán Carballeira), O silencio (Xerais, 2012) e Marco Livorno (2019, Premio Illas Sisargas).