Logo Xerais

Info autor/a

Ameixeiras, Diego

(enviar correo)

Diego Ameixeiras (Lausanne, Suíza, 1976). Xornalista, escritor e guionista. Publicou as novelas "Baixo mínimos" (Xerais, 2004); "O cidadán do mes" (Xerais, 2006); "Tres segundos de memoria", Premio Xerais de Novela (2006); "Dime algo sucio" (Xerais, 2009), Premio Especial de Dirección da Semana Negra de Xixón; "Asasinato no Consello Nacional" (Xerais, 2010), Premio Irmandade do Libro ao Mellor Libro do Ano; "Historias de Oregón" (Xerais, 2011), Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia; "Todo OK" (Xerais, 2012); "Matarte lentamente" (Xerais, 2013); "Conduce rápido" (Xerais, 2014), Premio Losada Diéguez de Creación Literaria 2015; "A noite enriba" (Xerais, 2015) e "A crueldade de abril" (Xerais, 2018). Algunhas das súas obras foron traducidas ao castelán, catalán, alemán e italiano. Escribe en "La Voz de Galicia".

As súas obras como autor/a