Logo Xerais

Info autor/a

Siro

(enviar correo)

Siro López Lorenzo (Ferrol, 1943) é xornalista e humorista gráfico. No ano 1970 publicou os primeiros debuxos de humor na revista Chan, que dirixía Borobó. Desde entón colaborou en "Ferrol Diario", "El Ideal Gallego", "La Región", "El Norte de Galicia", "Diario 16" e "Diario de León". De 1985 e até maio de 2006 pertenceu á redacción de "La Voz de Galicia", xornal no que tratou diariamente a caricatura da vida política galega. Investigador do humor gráfico e da caricatura en Galicia, é autor de ensaios como "A caricatura como arte" (1974); "Castelao: debuxante-humorista" (1975); "Simplicissimus, Gulbransson e Castelao" (1979); "Bagaría, mestre da caricatura modernista"; "Antecedentes históricos da caricatura e o debuxo de humor"; "O caricaturista Xosé María Cao" (1993); "Castelao humorista" (1996) e "Castelao en el Arte Europeo" (2016). Publicou numerosos álbumes, entre os que destacan "Humor 71" (1971), "Probes Homes" (19759, "Os pecados capitaes" (1977), "Homes e mulleres" (1980), "18 espidos de muller" (1983), "Debuxos de humor" (1985), "In saecula saeculorun amén" (1986), "Cofrades do cristo da autonomía" (1988), "Xente na brétema" (1988), "¡Ozú la ezpo!" (1992), "16 anos de Parlamento Galego" (1998), "Siro 30 anos despois" (2000), etc. Ilustrou numerosos libros e recibiu premios como a Vieira do Humor Gráfico (1982), Fernández Latorre (1986), Xornalismo e Comunicación da Xunta de Galicia (1991 e 19969, Medalla de Galicia (1997) e Álvaro Cunqueiro de textos teatrais por "Hai que confiar na esperanza" (Xerais 2004). É autor do proxecto da Praza do Humor da Coruña. Dende a súa xubilación dedícase á pintura e á literatura.

As súas obras como autor/a