Logo Xerais

Info autor/a

Feijoo, Pedro

(enviar correo)

Pedro Feijoo (Vigo, 1975) é escritor. Exerceu profesionalmente como músico, cunha intensa traxectoria como produtor, compositor e membro dalgúns dos máis salientables proxectos musicais galegos. Deuse a coñecer como ensaísta co seu libro "Cousas do «Galicia», por Castelao" (1997), ao que seguiu a crónica "Viva o Fu Remol!" (Xerais, 2005). Como narrador publicou as seguintes novelas: "Os fillos do mar" (Xerais, 2012), Premio Arcebispo Juan de San Clemente 2013; "A memoria da choiva" (Xerais, 2013), Premio Arcebispo Juan de San Clemente 2015; "Morena, perigosa e románica" (Xerais, 2015), "Os fillos do lume" (Xerais, 2017) e "Sen piedade" (Xerais,2018). Ademais, publicou o libro "Camiñar o Vigo vello" (Xerais, 2018).

As súas obras como autor/a