Reza, Xosé Benito
(enviar correo)Xosé Benito Reza (Celanova, 1956), enxeñeiro superior de montes, leva dedicado toda a súa vida á conservación da natureza, á protección dos espazos naturais e á paisaxe galega. Como director xeral de conservación da natureza promoveu a Lei de Protección da Paisaxe de Galicia, aprobada polo parlamento galego no ano 2008, e declarou as primeiras paisaxes protexidas de Galicia. É presidente do Seminario de Estudos Celanovenses, membro da Fundación Curros EnrÃquez e do Grupo histórico arqueolóxico Larouco, asà como secretario e xuÃz honorario da Asociación de Amigos do Couto Mixto. Como ensaÃsta, investigador e divulgador publicou os libros: "Memorias do pedal. O Camiño portugués a Santiago" (1999); "Celanova e o vento" (1999), en colaboración con X. L. Méndez FerrÃn; "BiografÃa de Manuel Curros EnrÃquez" (2001); "BiografÃa de Arturo Noguerol Buján" (2003); "Vivir en Ancares" (2002, 2003); "O macizo central ourensán" (2009); "Arnoia. BiografÃa de un rÃo y una ribera" (2012) e "Os rÃos da raia seca" (2013). "Terradentro" (Xerais 2017) é a súa primeira novela e "Einibó" (Xerais, 2020).