Guillermo, Xosé
(enviar correo)Xosé Guillermo (Carballo 1947, Vigo 2009) foi pintor e ilustrador. Colaborou con Edicións Xerais de Galicia durante a primeira etapa da editorial, deseñou o primeiro logotipo de Xerais e se ocupou do deseño das cubertas de boa parte dos tÃtulos até 1984. Dende o ano 1993 foi o promotor da Fundación Nautilus, desde a que realizou diversas intervencións artÃsticas de grandes dimensións, como "Hipocampus 97" na Facultade de Ciencias do Mar de Vigo e "Marte e Arte 06" no CEIP RÃa de Vigo. Xunto ao fotógrafo Xavier Teniente é coáutor do libro "Cabalos de vento. Curros de pedra" (Xerais 2009).