Logo Xerais

Info autor/a

Carré, Héctor

(enviar correo)

Héctor Carré (A Coruña, 1960) é director de cine e escritor. Publicou as novelas Diario do impostor (Xerais 2007) e Hai que matalos a todos (Xerais 2015) e gañou o Premio Jules Verne, coa novela Febre (Xerais 2011), que tamén foi recoñecida como Mellor libro xuvenil do ano polos lectores/as de Fervenzas Literarias. Así mesmo, obtivo o Premio Internacional de Teatro para Autores Noveles Agustín González pola súa obra Las palabras grandes. Iniciouse en Madrid en 1981 na arte cinematográfica, tras obter o título de director de fotografía no Taller de Artes Imaginarias (TAI). Deseguido, comezou a traballar como axudante de dirección cos mellores directores españois (entre os que destacan P. Olea, M. Camus, J. Chávarri) e internacionais (Terry Guilliam e Steven Spielberg). Tras escribir e dirixir curtametraxes, escribe e dirixe Dáme lume (1995), Mellor director novel nos premios Goya; Dáme algo (1998), Mellor director e mellor actor no Festival Internacional do Porto; e A promesa (2004), galardoada con diversos premios. Desde 2001 volve residir na Coruña onde tamén traballa en publicidade e como guionista para a Televisión de Galicia: Libro de familia e Matalobos e para o cine, ademais de seguir dirixindo películas como Personal movie (2011).

As súas obras como autor/a