Logo Xerais

Info autor/a

Salter, James

(enviar correo)

James Robert Salter (Glasgow, 1969) naceu en Escocia. Entre 1972 e 1977 viviu na República Sudafricana, na granxa dos seus avós. Cando volveu a Glasgow, tras o seu paso polo colexio e o instituto, estudou Filoloxía Inglesa na Universidade de Edimburgo. Ao rematar os seus estudos, en 1991, visitou España e terminou vivindo en Vigo. En 2000 foi vivir a Madrid a causa dunha oferta de traballo e, desde aquela, continúa residindo nesa cidade, onde se dedica a facer traducións. Hai pouco mercou unha casa en Vilanova da Cerveira (Portugal) e agora divide o seu tempo entre eses dous lugares. A idade da auga (Xerais 2008) é o seu primeiro libro.

As súas obras como autor/a