Autor/a
Luz Méndez
Luz Méndez naceu en Ventosa, en Agolada, e como é filóloga gústanlle moito as palabras, sobre todo os nomes de lugar. Por iso escribiu un libro titulado ¿Por qué se chama así este sitio? Tamén adapta e escribe teatro para marionetas. En colaboración con Pere Tobaruela publicou Vouvos papar (Xerais 2008).