Logo Xerais

Info autor/a

Toxo, Xaime

(enviar correo)

Xaime Domínguez Toxo (Bueu, 1955) é pedagogo e mestre especialista en atención escolar a alumnos con cegueira e discapacidade visual. No traballo cultural foi fundador da Asociación Liboreiro de Bueu no ano 1974, membro na etapa universitaria en Compostela das asociacións culturais O Galo e O Eixo e na actualidade é presidente do Ateneo de Pontevedra. Obtivo o primeiro premio de narración Manuel Murguía no ano 2004, o primeiro premio do certame de relatos do Concello de Paradela do 2002 e accésit no premio Modesto Rodríguez Figueiredo no 2002. Ten numerosos relatos publicados en libros colectivos, revistas e xornais. As palabras que move o mar é o seu primeiro título en Xerais Narrativa.

As súas obras como autor/a