Logo Xerais

Info autor/a

Gurriarán, Ricardo

(enviar correo)

Ricardo Gurriarán (O Barco de Valdeorras, 1953) é licenciado en Educación Física (INEF) pola Universidade Politécnica de Madrid e desenvolve o labor docente no IES A. Xelmírez I de Santiago de Compostela desde 1977. Doutorouse en Historia Contemporánea na USC (2004) co traballo «A investigación científica en Galicia (1900-1940): institucións, redes formativas e carreiras académicas. A ruptura da Guerra Civil». Comezou a investigar sobre Valdeorras, a guerra civil e o exilio literario e científico. Obtivo o Premio Tertuliano Hervella (2003) con Gonzalo Gurriarán (1904-1975); e o Premio da Crítica (2007) coa publicación Ciencia e conciencia na Universidade de Santiago (1900-1936). Participou en varias obras colectivas e foi comisario de diferentes exposicións. Forma parte de varios equipos de investigación da USC e da Fundación 10 de Marzo. Ten publicados máis de cincuenta artigos e media ducia de libros. Actualmente, centra os seus estudos na investigación dos movementos sociais na Universidade de Santiago. Inmunda escoria. A universidade franquista e as mobilizacións estudantís en Compostela, 1939-1968 (2010),Premio Fervenzas Literarias ao Mellor libro de ensaio para adultos, 2010 é o seu primeiro libro no catálogo de Xerais.

As súas obras como autor/a