Logo Xerais

Info autor/a

Callón, Carlos

(enviar correo)

Carlos Callón (Ribeira, 1978) é profesor de Xeografía e Historia no Instituto Español de Lisboa e doutor en Estudos Lingüísticos e Literarios do Galego e do Portugués. Presidiu durante doce anos A Mesa pola Normalización Lingüística, a maior asociación cultural de Galiza, e dirixiu numerosas campañas a favor do idioma do país. Foi tamén promotor e portavoz nacional da plataforma Queremos Galego e presidente do Comité de Estado da Axencia Europea de Linguas Minoradas. Na actualidade asume a presidencia de honra da Mesa. Ademais de varios estudos históricos e literarios, publicou o manual Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez (Xerais, 2012) e diferentes achegas sociolingüísticas, como Galegocalantes e galegofalantes (Xerais, 2017) e Como defenderes os teus dereitos lingüísticos (Xerais, 2011). O seu último traballo como poeta é A abertura da boca (2021). Pola súa obra recibiu, entre outros, o premio de ensaio Vicente Risco e o Careón á traxectoria literaria.

As súas obras como autor/a