Salma
(enviar correo)SALMA (Thuvarankurichi, 1970) é unha das escritoras támiles máis relevantes do actual panorama literario indio. Provén dunha familia tradicional musulmá e dunha aldea próxima á cidade de Tiruchirapalli e como moitas mozas da súa rexión non rematou a escala primaria. AÃnda asÃ, dende os trece anos comezou a escribir poesÃa e máis adiante a publicar en revistas literarias. Durante anos escribiu na clandestinidade, pola oposición da súa familia. A súa obra foi obxecto de crÃticas destrutivas en sectores literarios polo uso da sexualidade feminina dunha maneira aberta na súa obra e tamén polo contido feminista dos seus escritos.Salma ten publicadas varias antoloxÃas poéticas, e agora presentamos a súa novela Irandaan Jaamangalain Kathai (Despois da medianoite), en tradución de MarÃa Reimóndez. Ela representa a única voz de muller musulmá no panorama literario de Támil Nadu.En 2001 accedeu de xeito accidental (pola obrigada cota de xénero na India) á polÃtica; comezou sendo membro do Panchayat (asemblea local) para converterse logo en candidata polo seu distrito electoral polo DMK (Dravida Munnutra Kazhagam, partido nacionalista támil laico e progresista), ata chegar a ser directora xeral de Asuntos Sociais de Támil Nadu, cargo que ocupa na actualidade.