Logo Xerais

Info autor/a

Martínez González, Xurxo

(enviar correo)

Xurxo Martínez González (Coia-Vigo, 1984). Doutor en Filoloxía Galega e premio extraordinario de Tese de Doutoramento pola Universidade de Vigo. A súa investigación céntrase no Rexurdimento, no provincialismo e na cultura galega do século XIX, con distintas publicacións e artigos. É autor dos libros "Fuco Gómez" (AGER, 2007) e "Luís Soto. A xeira pola unidade galega" (Xerais, 2011), así como de varios traballos sobre Ramón Villar Ponte. En colaboración con Emilio Xosé Ínsua escribiu "Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte" (Xerais 2018). Colabora acotío coa prensa ("Praza Pública" ou "Faro de Vigo") e recibiu varios premios literarios de poesía e relato. Traballa como técnico de normalización lingüística no Concello de Redondela.

As súas obras como autor/a