Logo Xerais

Info autor/a

Santos Solla, Xosé Manuel

(enviar correo)

Xosé M. Santos Solla é doutor e profesor de Xeografía Humana pola Universidade de Santiago de Compostela. O seu ámbito principal de investigación é o turismo, sendo actualmente director do Centro de Estudos e Investigacións Turísticas da USC. Leva realizado varias estadías en universidades estranxeiras, tanto de Europa como de América (University College Cork, University of Trondheim, University of Edinburg, Memorial University of Newfoundland). Entre as súas publicacións atópanse artigos e capítulos de libros en revistas e editoras internacionais de prestixio como Ashgate, The Open Urban Studies Journal ou Tourism Recreation Research.

As súas obras como autor/a