Logo Xerais

Info autor/a

Ãlvarez Castro, Xosé

(enviar correo)

Xosé Ãlvarez Castro (Pontevedra, 1953) é mestre e profesor de historia xubilado, licenciado en Xeografía e Historia e máster en Educación Ambiental (Fundación Universidad-Empresa. UNED). En 2011 a Fundación Alexandre Bóveda concedeulle o VI Premio Día da Galiza Mártir á recuperación da memoria histórica. Escribiu artigos sobre historia, medio ambiente e didáctica en diversas revistas e participou como relator en numerosos congresos. Colabora no xornal «Nós Diario» e dende 2008 mantén activo o blog «Pontevedra nos anos do medo» (http://anosdomedo.blogspot.com), dedicado á difusión da historia da represión na comarca pontevedresa. As súas publicacións máis destacadas son «Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar e represión (1936-1939)» (Xerais, 2013), «Mourente nos anos do medo. Sociedade, golpe militar e represión» (2016) e «Os anos do silencio. Represión e resistencia na provincia de Pontevedra (1936-1951)» (Xerais, 2022). É ademais coautor de «Os nomes do terror. Galiza 1936: os verdugos que nunca existiron» (2017), «Rebeldía galega contra a inxustiza» (2018), «O pasado por vir. Achegas á historia da Pontevedra que desbotou o franquismo» (2021) e «Historia de Lérez. Unha ollada desde Cedofeita» (2021).

As súas obras como autor/a