Darriba, Manuel
(enviar correo)Manuel Darriba (Sarria, 1973) é guionista, poeta e narrador. Traballou como xornalista e editor de revistas técnicas. Dende 2011 dedÃcase en exclusiva á escritura creativa. Autor dunha ducia de tÃtulos, recibiu premios como o González Garcés de poesÃa ou o Lueiro Rey de novela curta. Escribe guións para programas e series de televisión ("Land Róber Tunai Show", "O Faro", "Fontealba..."). Debutou na narrativa en 1997 coa novela xuvenil "Paf Xarope", á que seguiron tÃtulos como "Velada do billarista" (2001), "Accidental" (2003), "O bosque é grande e profundo" (Xerais, 2013), todos os tres publicados en castelán, e "Elefante" (Xerais, 2018). A súa incursión na narrativa infantil, "Brais e os demais" (2010), foi finalista do Premio Frei MartÃn Sarmiento (2012). É autor dos poemarios "Calor" (1997), "Vostede non sabe con quen está a falar" (Premio Espiral Maior 2004) e "Os indios deixaron os verdes prados" (Premio González Garcés 2010). É autor, con Daniel Salgado, da crónica polÃtica "AGE. A emerxencia da Alternativa Galega de Esquerda" (2013). Sobre "O bosque grande e profundo" (Xerais, 2013), a crÃtica dixo: «Unha das obras máis orixinais e innovadoras da literatura galega dos últimos anos» (Francisco MartÃnez Bouzas, blog "Novenoites"); «Brutal, terrible e inmisericorde [...], unha subxugante novela» (Armando Requeixo, "Diario de Ferrol"); «Una trama poblada de la crueldad de los cuentos clásicos. Nos sorprende y nos zarandea» (Care Santos, "El Mundo"); «Collage intelixente e lúcido, experimental, eco de avangardas xa vividas [...] necesarias neste tempo de literatura branda» (Xosé Carlos Caneiro, "La Voz de Galicia"); «Unha lectura engaiolante e arriscada [...], unha obra de fondo alento» (Ramón Rozas, "El Progreso").