Logo Xerais

Info autor/a

Yousafzai, Malala

(enviar correo)

Malala Yousafzai naceu en 1997 no val de Swat, no noroeste de Pakistán. Atraeu a atención da sociedade ao escribir co pseudónimo Gul Makai sobre a súa vida baixo o mandato dos talibán, que prohibiron a escolarización das raparigas da súa rexión. Non tardou en falar en público na súa comunidade sobre a educación das nenas. En outubro de 2012, os talibán sinalaron como obxectivo a Malala e atacárona cando volvía da escola. Sobreviviu de milagre e hoxe continúa a súa campaña a prol do acceso universal á educación.Malala e a súa familia viven agora en Birmingham, Inglaterra, e ela viaxa polo mundo adiante dando charlas sobre a importancia da educación universal. En recoñecemento pola súa afouteza e a defensa activa desa causa, Malala recibiu en 2011 en Paquistán o Premio Nacional Xuvenil da Paz e en 2013 concedéronlle o International Children’s Peace Prize e mais o premio Embaixadores de Conciencia de Amnistía Internacional. En 2014 converteuse na persoa máis nova en recibir o Premio Nobel da Paz, que compartiu co activista indio Kailash Satyarthi. En 2017 Malala foi nomeada Mensaxeira da Paz da ONU —a máis nova da historia—, con especial énfase na educación das nenas.

As súas obras como autor/a