Logo Xerais

Info autor/a

Abalde Covelo, Marcos

(enviar correo)

Marcos Abalde Covelo (Vigo, 1982). Comodramaturgo obtivo o Premio Josep Robrenyo 2008 por «Canibalismo»; o Premio Álvaro Cunqueiro 2011 por «A cegueira» (Xerais, 2012); o Premio Marqués de Bradomín 2012 por «Xudite»; o Premio Bienal de Teatro Romaría Viquinga 2012 por «Saga de Iacobsland»; o Premio Varela Buxán 2016 por «Oito epitafios por Troia»; o Premio DiarioCultural de Teatro Radiofónico 2018 por «Psicofonías» e o Premio Abrente 2020 por «O tsunami». Como poeta publicou «Oenach» (Premio Fiz Vergara Vilariño, 2014), «Exhumación» (Xerais, 2016,Premio Manuel Lueiro Rey) e «Alcatrán» (Xerais, 2021, Premio Johán Carballeira 2020). Impulsou o proxecto «Ferrol rebelde».

As súas obras como autor/a