Logo Xerais

Info autor/a

Leobalde, Mercedes

(enviar correo)

Mercedes Leobalde (A Coruña, 1967) é licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Tras un breve paso polo mundo editorial, compaxinou, durante máis dunha década, a docencia (primeiro como profesora de ensino medio e logo impartindo cursos de lingua e linguaxe administrativa e xurídica para adultos) con labores de tradución. Actualmente reside en Carral e traballa como tradutora intérprete no Equipo Lingüístico do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Como escritora, foi premiada nos certames Ánxel Fole de Narración Curta (2011) e Manuel Murguía de Narracións Breves (co relato Taxi driver, publicado no volume colectivo Outra rolada en 2013). En 2013 gañou o Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas co poemario Chamádeme Eva (2013) e en 2014 o Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole con Funambulistas (Xerais, 2015).

As súas obras como autor/a