Logo Xerais

Info autor/a

Morgade, Adrián

(enviar correo)

Adrián Morgade quixo ser debuxante dende que de rapaz viu por primeira vez o enigmático e escuro "Batman" de Bruce Timm. Dende aquela, fíxose incondicional de grandes autores do mundo do cómic como Frank Miller, Will Eisner, Darwyn Cooke, Mike Mignola e moitos outros. Naceu en Pontevedra en 1990, pasou polas cidades da Coruña e Madrid para formarse artisticamente. En 2014 deseñou e ilustrou o libro "Los Suaves, Mi casa es el Rock 'n' Roll" escrito por Javier Domínguez e publicado por Xerais. Ademais creou a marca de camisetas "Chámame can", inspirada polo seu can Xinfu. Uns meses máis tarde, nun brain storming ocorréuselle contar as aventuras deste can xunto co seu amiguiño Wini e algúns animais tamén baseados na realidade. Poderedes ver os auténticos protagonistas nas páxinas de Facebook Xinfu ou en "Camisetas Chámame Can".

As súas obras como autor/a