Santiago, Eduardo
(enviar correo)Eduardo Santiago (Pontevedra, 1964) debutou como escritor no ano 2012 coa publicación da novela xuvenil de ficción cientÃfica "2044" (Galaxia), xénero que continuou coa novela "A teorÃa do tempo imaxinario" (Urco Editora, 2013), escrita en feminino xenérico e na que salienta o papel fundamental da muller como motor do cambio polÃtico e social. Con "O Gran Reino" (Xerais, 2014), obra na que aborda a problemática da anorexia adolescente mesturando fantasÃa e realidade, gañou o premio Jules Verne de literatura xuvenil no ano 2014. "O mundo máxico de LÃa" (Xerais, 2020) é o seu primeiro libro dirixido ao lectorado infantil.