Ilustrador/a
Pablo Rosendo
Pablo Rosendo (Vigo, 1984) estudou na Escola Superior de Debuxo Profesional de Madrid e traballou como animador en Iskra Animación e Deboura Deseños Animados, onde foi director artístico da serie de animación «Berto's diary». Colabora mensualmente en diversas revistas e semanalmente publica unha viñeta no xornal «La Voz de Galicia». É autor do álbum ilustrado «O can Gastón anda tristeiro» (Xerais 2015). Mantén a páxina web www.pablorosendo.com.