Queixas Zas, Mercedes
(enviar correo)Mercedes Queixas Zas (A Coruña, 1968) é licenciada en FiloloxÃa galega pola Universidade da Coruña e exerce como docente de Lingua galega e literatura no CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco. É autora de ensaios de carácter divulgativo como Os trobadores do Reino de Galiza (1997) ou Breve historia da literatura galega (1999), ademais doutros estudos: Frei MartÃn Sarmiento. O inicio da recuperación da conciencia galega (2002), Ramón Piñeiro. A expresión cultural dunha estratexia polÃtica (2009), Vivir, unha aventura irrepetÃbel. BiografÃa de Mª do Carme Kruckenberg (2011) e Lois Pereiro. A urxencia poética dun futuro alleo (2011). Ademais, é coautora da Historia xeral da literatura galega (2001). Ten participado como relatora en diferentes foros de formación do profesorado, análise literaria e planificación lingüÃstica aplicada ao ámbito educativo.A súa última achega bibliográfica en 2013 foi a coordinación do monográfico para a Revista Galega de Educación dedicado a RosalÃa de Castro e que leva por tÃtulo «Aprendemos con RosalÃa». Entre marzo de 2007 e agosto de 2010 exerceu como coordinadora territorial dos Equipos de Normalización e Dinamización LingüÃstica da provincia da Coruña. Actualmente é secretaria xeral da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.