Gómez Pato, Raúl
(enviar correo)NacÃn en Velle, a carón de Ourense e do Miño, no outono de 1966, en plena vendima, no seo dunha familia comerciante e un chisco nómade, porque o meu avó fora paraugueiro e, máis tarde, cando decidiu dedicarse á venda e reparación de reloxos e xoias, feirante. Inicieme na vida literaria indo polas feiras de toda Galicia acompañando o meu avó e o meu tÃo Miguel, e tamén, claro, na tenda de ultramarinos que posuÃa a familia en Velle (e que, hoxe reconvertida en bar, aÃnda rexenta a miña nai). Son pois, desde o principio, vendimador, feirante e camareiro, e apaixonado do futbolÃn e dos reloxos. Estudei FiloloxÃa Clásica e dei en escribir libros e traducir o que outros escribiron a esa nosa lingua tan saborosa que, cando neno, fun escoitando de feira en feira. Publiquei como poeta Choiva, vapor e velocidade (1999), A casa deshabitada da familia Pena (2001), Verba quae supersunt (2003) e Tratado de zooloxÃa para corazóns mancados (2009); e, como tradutor, Libellus de natura animalium (1999), Cantos e fragmentos de Safo (2008) e Unha rosa encarnada, AntoloxÃa de Robert Burns (2014). Gañei ademais o I Premio de PoesÃa Xosé MarÃa DÃaz Castro co libro Máscaras de espellos (2016). Participei en varios volumes colectivos e sÃntome tan orgulloso disto como dos meus libros individuais, porque a miña participación sempre foi en favor de causas boas e xenerosas. Vivo de dar clases de LatÃn e Grego no IES de Valga, e encántame.