Logo Xerais

Info autor/a

Rodríguez Cruz, José

(enviar correo)

JOSÉ RODRÍGUEZ CRUZ (A Gudiña, 1956) centra os seus traballos de investigación etnográfica e histórica preferentemente en áreas do sueste da provincia de Ourense e a ambos os dous lados da raia galego-portuguesa. Da súa autoría son, entre outras, as publicacións "Máscaras de Entroido no Surleste Ourensán" (1998); "Así falan na Gudiña" (2000); "Trazos sobre a vestimenta tradicional no Surleste de Ourense" (2004) ou "A festa dos Maios en Marín" (2014), xunto con Clodio González Pérez, ademais de participar noutras obras de carácter colectivo como "Un futuro para a lingua" (2002), "Palabra por palabra, contos da Policía" (2003), "As Caras do Entroido Ourensán" (2009) etc.Tamén colabora asiduamente en xornais e revistas culturais como "O Sil", onde publica desde hai tempo artigos relacionados co espazo fronteirizo que xebra Galicia e Portugal na súa sección «Crónicas Raianas».O seu labor de investigación sobre a vestimenta tradicional galega foi recoñecido co 1º Premio Antonio Fraguas nos anos 1998, 2002, 2003, 2005, 2010 e 2014 e co 2º Premio de Investigación Raigame da edición de 2007.

As súas obras como autor/a