Pergaud, Louis
(enviar correo)Louis Pergaud ((Belmont, Doubs, 1882 - batalla de Woëvre, Meuse, 1915) foi un escritor francés. Quixo ser cientÃfico, pero as súas aspiracións vÃronse truncadas como consecuencia da morte do seu pai e o escaso nivel adquisitivo da súa familia.Traballou como profesor suplente en Durnes e Landresse e, máis tarde, exerceu de mestre rural. En 1908 publicou o seu primeiro libro de poemas, polo que lle foi outorgado o Premio Goncourt. Será en 1912 cando publique A guerra dos botóns, obra de marcado carácter autobiográfico que narra en ton entrañable e desenfadado as aventuras derivadas da rivalidade entre os mozos de dúas vilas francesas. Pouco tempo despois apareceu Miraut, can de caza, tamén ambientada no medio rural. A publicación destas obras foi simultaneada coa redacción de artigos xornalÃsticos, poemas, relatos e estudos de psicoloxÃa animal. Morreu en acto de servizo durante a primeira guerra mundial, na que combatÃa como sarxento do exército francés.