Logo Xerais

Info autor/a

Velasco, Eduard

(enviar correo)

EDUARD VELASCO publicou os poemarios Ruído de trens (2015) e O filósofo coxo (2017). O relato «Taxidermia», inserido no volume colectivo A garza insomne, foi a súa primeira proposta narrativa.Traduciu do catalán ao galego as novelas Pan negro, de Emili Teixidor e As valgadas bravas, de Raimon Casellas. Do galego ao catalán trasladou dúas pezas de Vicente Risco: os relatos «Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros» e «Os europeos en Abrantes» e mais a novela O porco de pé. Cofundou e rexentou, xunto á poeta Alicia Fernández, a libraría Chan da Pólvora, en Santiago de Compostela, cidade na que viviu ata marchar á Ribeira Sacra, onde se dedica á viña e á recuperación dos castiñeiros familiares.

As súas obras como autor/a