Lamas, Jorge
(enviar correo)Jorge Lamas Dono (Vigo, 1962) é xornalista na edición de Vigo de «La Voz de Galicia». Con anterioridade traballou nas emisoras do Grupo Voz. Licenciouse en XeografÃa e Historia na Universidade de Santiago de Compostela na especialidade de Historia Moderna. Hai máis de dez anos era responsable no xornal da sección «Eran otros tiempos», onde se repasaban algúns feitos do pasado na vida de Vigo dun xeito novelado. Na actualidade é membro do Instituto de Estudos Vigueses e publica semanalmente un post sobre historias de Vigo no seu blog «Del Berbés hacia arriba» (http://lamasdono.blogspot.com.es/). Coincidindo coa celebración do bicentenario da consecución do tÃtulo de «cidade» para Vigo, participou na publicación «Vigo Bicentenaria. Da Reconquista aos retos do século XXI», na cal se recollen os principais fitos dos douscentos anos cidadáns. Dende hai cinco anos, publica artigos no «Glaucopis», boletÃn anual do Instituto de Estudos Vigueses.Foto da capa: «Mariñeiros portando o escudo de Vigo», obra de Camilo Nogueira situada no parque do Castro. FotografÃa de Manuel G. Vicente.