Gómez, Noelia
(enviar correo)Noelia Gómez (Rianxo, 1995) é graduada en Xornalismo e ten un mestrado en Estudos Comparativos de Literatura, Arte e Pensamento pola Universitat Pompeu Fabra. En 2015 gañou o Torneo de PoesÃa Recitada Ferve a Lingua. Forma parte da antoloxÃa poética No seu despregar (2016). Publicou en libros colectivos como 7 Relatos curtos contra a violencia de xénero (2015), Cultura que Une. Ribeira Sacra-Douro (2018); e en revistas como Madrygal ou Dorna. O xiro obtivo, en 2018, o V Premio de PoesÃa Gonzalo López Abente. (FotografÃa de Carlos Rei)