F. Santomé, Cecilia
(enviar correo)Cecilia F. Santomé, licenciada en FiloloxÃa Francesa e doutora en TeorÃa da Literatura e Literatura Comparada pola USC, desenvolveu o seu interese pola palabra escrita en eidos variados, desde o «marketing» dixital á formación en biblioteconomÃa. Participou en proxectos de xornalismo internacional, experiencia da que tirou proveito para coordinar e editar a revista «Coolt», publicación de tendencias pioneira na internet en galego. Hoxe colabora esporadicamente con outros medios ao tempo que explora os camiños da ficción desde o lado da creación e da tradución. Recibiu o Premio Literario Nortear para a mocidade escritora de Galicia e do Norte de Portugal en 2017 polo seu relato «34, Rue Saint Jacques». En 2021 foi recoñecida co 3º premio no Certame de Narracións Breves Manuel MurguÃa por «As orfas daquel verán». «Unha rapaza de provincias» (Xerais, 2021) é a súa nova novela tras «Quérote. Eu tampouco» (Xerais, 2019). (Foto da autora: Te Valcárcel para Mermaid Photo)