Logo Xerais

Info autor/a

Leira, Rocio

(enviar correo)

Rocío Leira Castro (A Pereiriña, Cee, 1979) é licenciada en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela e, na actualidade, dirixe un centro de formación para universitarios en Compostela.Dende moi cativa comezou a escribir e a participar en diversos certames nos ámbitos do relato curto e da poesía, nos que obtivo numerosos premios literarios, entre eles, o Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores, o Premio de Narración Curta Concello de Marín, o Xaime Illa Couto nas modalidades de poesía e relato curto, o Anduriña Voandeira, o Premio Xosé M. López Ardeiro ou o Avelina Valladares.No ano 2013 publicou a súa primeira obra, "Universo Pitágoras", á que seguiron "O becho que quería comer á avoa" (2015) e os poemarios "[Obituario]" (2016) e "INEM" (2016).

As súas obras como autor/a