Logo Xerais

Info autor/a

Piñeiro, Antonio

(enviar correo)

Antonio Piñeiro (Ribeira, 1962) é cualificado como un dos autores máis orixinais da literatura galega actual. Cunha prosa que se move entre a forza da idea e o esteticismo, entre o achado literario e o achado memorístico, entre a tensión argumental e uns finais que non adoitan deixar marxe á indiferenza, posúe un estilo de enorme personalidade.Gañador do Premio Torrente Ballester en 2017, a esa distinción engade numerosos galardóns que o sitúan como un autor amplamente recoñecido.Procedente do grupo de escritores xurdido no seo de Barbantia (indiscutible protagonista do eido cultural galego no novo milenio), é autor de obras tan nomeadas coma «A identidade fascinada» (2015), «A través do fume» (2018), «O noiro» (2016) ou «A dama fulxente» (2011). Con «Celada» (Xerais, 2020), ambientada nas rúas compostelás durante os derradeiros anos do franquismo, obtivo o Premio de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira.

As súas obras como autor/a