Logo Xerais

Info autor/a

Gregores, Bea

(enviar correo)

Bea Gregores naceu en Vigo en 1995. Graduada na Universidade de Belas Artes de Pontevedra e licenciada no máster universitario en libro ilustrado e animación audiovisual, especialízase nos campos de ilustración e deseño. Foi gañadora de diversos premios no mundo da ilustración e do cómic, como o Primeiro Premio La Palabra Pintada, categoría artista nova, e o Primeiro premio Xuventude Crea na sección de Banda Deseñada, ademais de participar e comisariar varias exposicións.Actualmente traballa como ilustradora editorial en Galicia. En Xerais ilustrou os álbums «A lavandeira de San Simón» (Xerais, 2020) e «Cando leo» (Xerais, 2022), e mais o ensaio «Douche a miña palabra» (Xerais, 2021). As mulleres que cultivaban néboas (Xerais, 2022) é o primeiro álbum que asina como autora total, do texto e das ilustracións.

As súas obras como autor/a