Vázquez Somoza, Xosé LuÃs
(enviar correo)Xosé LuÃs Vázquez Somoza (Zolle, GuntÃn, 1961) é Doutor en LingüÃstica Galega pola USC e profesor de Lingua Galega e Literatura no IES Lucus Augusti de Lugo desde 1987, centro no que tamén desempeñou o cargo de director.Foi galardoado con distintos premios como o IX Certame de Narracións Breves Manuel MurguÃa -ex aequo con Xosé Carlos Caneiro-, o IX Certame de Narración Curta en galego Ãnxel Fole; o X Premio de Narración Curta Concello de MarÃn ou o 1º accésit no XXVIII Certame Nacional galego de Narracións breves Modesto RodrÃguez Figueiredo, entre outros.Ademais de ensaios sobre RosalÃa de Castro (1987) e Ramón Piñeiro (2009), publicou a obra Nube de seda na Lúa e outros relatos, e colaborou en numerosas obras colectivas como Paisaxes con palabras (2001), De soños e memorias (2003), Premios Pedrón de Ouro (2001 ao 2005), Terras de Chamoso (2014) ou Isidro Novo (2019).