Mondelo, José
(enviar correo)José Mondelo (Peites, Lugo), escritor atÃpico e iconoclasta, deuse a coñecer co libro «Un pequeno favor e outras historias de humor perverso», unha das poucas obras literarias estritamente humorÃsticas coas que conta o galego. A súa produción vai desde contos para rapaces («O informe do empregado Mendes» ou «MartÃn Coutinho en busca do sol») a unha novela erótica de forte tintura sadomasoquista («Ni junio en ParÃs»), que el define como «un exercicio de estilo»; desde unha divertidÃsima sátira («Hay que matar a los padres») á tráxica novela negra «O ollo pecho», que obtivo excelentes crÃticas no seu momento. É autor, igualmente, da peza teatral «Comedia», na que se basea a curtametraxe «Sálvame!», galardoada con máis de cincuenta premios en festivais nacionais e internacionais.