RodrÃguez Carnota, Miguel
(enviar correo)Miguel RodrÃguez Carnota (A Coruña, 1959) foi mestre e profesor de instituto durante trinta e sete cursos escolares. É licenciado en FilosofÃa e Ciencias da Educación pola UNED e Master of Arts in Education (Applied Linguistics) pola Open University. En 2020 doutorouse na UDC coa tese que ten por tÃtulo «Lingua, poder e adolescencia no proceso de substitución lingüÃstica. Análise crÃtica do discurso nun centro de ensino secundario dunha vila galega», traballo que serve de base para este libro. Durante a súa estadÃa no instituto impartiu lingua inglesa en primeiro e segundo de ESO, foi promotor e coordinador de varios proxectos europeos Sócrates, Comenius e Erasmus e ocupou a responsabilidade do Equipo de Normalización LingüÃstica (EDLG). Na actualidade é presidente da Asociación Cultural RoxÃn Roxal (roxinroxal.gal), entidade radicada na comarca das Mariñas coruñesas. Tamén é colaborador habitual do dixital «Terra e Tempo» (terraetempo.gal), onde adoita publicar os seus artigos.