Baceiredo, Rebeca
(enviar correo)Rebeca Baceiredo (Ourense, 1979) é licenciada en Ciencias da Comunicación pola USC e doutora en FilosofÃa con premio extraordinario coa tese "Achegas ontoéticas para a liberación do suxeito. Unha aproximación a partir da filosofÃa de Gilles Deleuze". Ten un mestrado en Arte Contemporánea e un posgrao en TeorÃa e Práctica da Interpretación. En 2006 gañou o premio de ensaio Ramón Piñeiro co libro "O suxeito posmoderno. Entre a estética e o consumo" (2006). Dende entón publicou máis ensaios: "A revolución non vai ser televisada" (2013), "Capitalismo e fascismo. Psico-ontoloxÃa da escravitude" (2013), "Oiko-nomÃa do xénero. Relato das clausuras" (2016), "A verdade errada e a representación errante" (2018), "Técnica e polÃtica da Antiguidade à era neoliberal" (2018), "Animais de estimação e bestas de companhia" (2019), "Como não ser, tranquilamente, human@s" (2021), "Clarice Lispector: travesÃas cara a nada" (2022) ou "Os corpos inscritos e os textos escritos. Xénero, moda e literatura" (Xerais, 2023). En poesÃa publicou: "O canto da Sibila" (2016) e "Libro de horas" (2019). Ten tamén obra narrativa: "Éxodo" (2020) e prosa poética coma "E meterei a miña Lei no seu peito (2014)", "(repeat to fade)" (2021) ou "Who the fuck is Alice?" (2022), unha proposta a partir dunhas series fotográficas analizando a creación do xénero. Participou en congresos internacionais e estatais de filosofÃa e dedÃcase á docencia.