Tovar, Antón
(enviar correo)Antón Tovar (Pereira, Rairiz de Veiga, 1921-Ourense, 2004) é autor dunha obra poética que aborda a existencia desde unha ollada sincera sobre a condición humana, desde o intimismo, desde a procura erma de deus e desde un intenso amor pola natureza e a paisaxe. Logo de pasar a súa infancia entre Celanova e Ourense, iniciou estudos de FilosofÃa e Letras en Salamanca en 1940, pero abandonounos para ingresar nos xesuÃtas. En 1942 gañou a oposición a Contador do Estado e estivo destinado en León e Ourense, ata que en 1967 foi expulsado do corpo de Facenda pola súa militancia clandestina no Partido Comunista.Iniciou a súa actividade literaria en castelán en 1955 con "Barro de nadie" e en 1962 publica en galego "Arredores", ao que seguiron os libros de poemas "Non" (1967), "PoesÃa galega completa" (1974), "Calados esconxuros" (Xerais, 1980), "Berros en voz baixa" (1990), "A nada destemida" (1991) e "Cadáver adiado" (2001). Toda a súa "PoesÃa en galego" foi editada en dous volumes polo Pen Clube en 2005. Nese mesmo ano, o Museo da Limia, xunto co Concello de Rairiz de Veiga e outras entidades, impulsaron o Premio de PoesÃa Antón Tovar.En 2023 Xerais publica "AntoloxÃa poética", un volume que reúne textos representativos dos seus sete poemarios galegos.