Logo Xerais

Info autor/a

Fernández Ferreiro, Xosé

(enviar correo)

Xosé Fernández Ferreiro (Nogueira de Ramuín, 1931 - A Coruña, 2015) traballou como xornalista en La Noche, El Correo Gallego e La Voz de Galicia. A súa actividade profesional foi recoñecida co Premio Galicia de Xornalismo (1985) e coa Letra E da Asociación de Escritores en Lingua Galega (2003). Membro do grupo literario Brais Pinto, comezou a súa andaina publicando os libros de poemas Ribeirana do Sil (1952) e A noite (1959). Como narrador publicou as seguintes novelas, a maior parte delas no catálogo de Xerais: A morte de Frank González (1975), Morrer en Castrelo do Miño (1978), A saga dun afiador (1980), A ceo aberto (1981), Corrupción e morte de Brigitte Bardot (1981), Reportaxe cósmico (1983), A fraga dos paxaros salvaxes (1985), O minotauro (1989), Agosto do 36 (1991, Premio Xerais de Novela, traducida ao castelán por Alianza Editorial), A cidade das chuvias (1994), O atentado (1999, Premio Losada Diéguez), O último paraíso (2001), Millo verde (2002), Os últimos fuxidos (2004), e Tempo de centeo (2009). Ademais, publicou o libro de relatos Co medo nas mans (1996) e o relato infantil O conto da boa e da mala pipa (1996). De Xente Nova a Brais Pinto. Memorias dun afiador rebelde (Xerais, 2012) recolle as súas inquietudes mozas.

As súas obras como autor/a