Nogueira, Camilo
(enviar correo)Camilo Nogueira Rom谩n (Vigo 1936), enxe帽eiro e economista, 茅 un dos m谩is destacados dirixentes do nacionalismo galego. Presidente da Asociaci贸n Cultural de Vigo nos anos sesenta, contribu铆u a fundar o sindicalismo galego e a estruturar o nacionalismo como organizaci贸n pol铆tica entre os anos sesenta e noventa. Foi deputado no Parlamento de Galicia, desde os seus inicios (1981-1993) e desde 1997 a 1999, facendo compatible o traballo pol铆tico co profesional. Foi concelleiro no Concello de Vigo e membro do Parlamento Europeo na lexislatura 1999-2004. Autor dunha extensa obra ensa铆stica e pol铆tica publicou en Xerais: O poder industrial en Galicia (en colaboraci贸n con Lu铆s Soto e Xan L. Facal) (Xerais 1980), A memoria da naci贸n I. O reino de Gallaecia (Xerais 2001), primeiro volume do seu vasto proxecto de interpretaci贸n da historia pol铆tica de Galicia titulado A memoria da naci贸n, A terra cantada (Xerais 2006), Para unha cr铆tica do espa帽olismo (Xerais 2012) e Unha naci贸n no mundo (Xerais 2019).