Pena Sánchez, Xosé Ramón
(enviar correo)Xosé Ramón Pena Sánchez (Betanzos, 1956) é un autor de referencia no eido dos estudos literarios galegos con tÃtulos como "Literatura galega medieval" (1992), "Manuel Antonio e a vangarda" (1996), "Xograres do mar de Vigo" (Xerais, 1998) ou "Historia da literatura medieval galego-portuguesa" (2002). Ademais, como narrador escribiu unha significativa obra de ficción, "O reverso do espello" (Xerais, 1984), "Para despois do adeus" (Premio Xerais, 1987), "Paixóns privadas" (Xerais, 1991), "A era de Acuario" (Xerais, 1997), "Fado de princesa" (2005), "A batalla do paraÃso triste" (Xerais, 2008), "Como en Alxeria" (Xerais, 2012) e "Todas as vidas" (Xerais, 2020). Director do suplemento Faro da Cultura e columnista do xornal «Faro de Vigo», son súas tamén, entre outras, as edicións crÃticas das obras de Ramón Cabanillas: "Na noite estrelecida" (Xerais, 1988), "Da terra asoballada" (Xerais, 1989), "No desterró" (Xerais, 2010) e, en colaboración con X. M.ª Dobarro, "Ramón Cabanillas. PoesÃa galega completa" (Xerais, 2009).