Rivas, Manuel
(enviar correo)Manuel Rivas (A Coruña, 1957), escritor e xornalista. A súa obra, escrita en galego, está traducida a máis de vinte linguas e publicada polas máis prestixiosas editoras literarias do mundo. Como narrador ten publicado: "Todo ben" (1985); "Un millón de vacas" (1989), Premio da CrÃtica Española; "Os comedores de patacas" (1991); "En salvaxe compaña" (1994), Premio da CrÃtica Galicia; "Que me queres, amor?" (1996), Premio Torrente Ballester e Premio Nacional de Narrativa; "O lapis do carpinteiro" (1998), Premio da CrÃtica Española, Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega, Premio Arcebispo Xoán de San Clemente, Premio 50 aniversario da sección belga de AmnistÃa Internacional (2001); "Ela, maldita alma" (1999); "A man dos paÃños" (2000); "As chamadas perdidas" (2002); "Contos de Nadal" (2003) reeditado na colección Fóra de Xogo como "Madonna e outros contos de inverno" (2015); "Os libros arden mal" (2006), Premio Ãnxel Casal ao Libro do Ano, Premio Irmandade do Libro ao Mellor Libro Galego do Ano, Premio da CrÃtica, Premio Mellor Libro do Ano Libreiros de Madrid, Premio da CrÃtica Galega, Premio Losada Diéguez, Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega; "Todo é silencio" (2010), "As voces baixas" (2012), ''O último dÃa de Terranova'' (2015) e ''Vivir sen permiso e outras historias de Oeste'' (2018). Reuniu todos os seus contos no volume "O máis estraño" (2011). Tamén é autor dunha extensa obra xornalÃstica e poética en lingua galega. Para o público infantil ten publicados os contos "O sombreiro Chichiriteiro" (2009), "O raposo e a mestra" (2013), "Bala Perdida" (1997, Xerais, 2016) e "O Chispas" (2020). En 2015 publicou o libro de poemas "A boca da terra". É codirector da revista Luzes.