Melville, Herman
(enviar correo)Herman Melville (Nova York, 1819-1891) é unha das principais figuras da literatura norteamericana. De mozo traballou de mariño na liña Nova York-Liverpool, experiencia que o marcará na súa actividade posterior como escritor. É autor de novelas extraordinarias como Moby Dick (1851), Benito Cereno (1856) ou a póstuma Billy Budd (publicada en galego por Xerais en 1983). Bartleby, o escribente, publicada en 1853, é unha das narracións máis orixinais e conmovedoras da historia da literatura universal, sendo considerada como unha das súas maiores alfaias.