Logo Xerais

Info autor/a

Muñoz Puelles, Vicente

(enviar correo)

Naceu en Valencia en 1948. É autor de máis dunha ducia de novelas para adultos e de varios libros destinados ao público infantil e xuvenil.¿Lía vostede moito de pequeno? ¿Cales eran os seus libros favoritos?Recordo o momento en que descubrín que sabía ler, non só as frases do encerado, senón os libros de verdade. Creo que na infancia é cando os libros exercen máis influencia na nosa vida, porque os lemos ao mesmo tempo que descubrimos o mundo. Nas selvas de Borneo, As aventuras de Tom Sawyer e Emilio e os detectives foron algúns dos meus libros preferidos.A maior parte dos seus libros está destinada aos adultos. ¿Como se sente á hora de escribir para nenas?Case todos os autores escribimos un pouco para prolongar a nosa infancia. Cando escribo para nenos, teño a impresión de que, ademais, estou a cumprir unha débeda de gratitude, de que intento devolver algo do moito que me deron os libros que lin daquela. Prefiro escribir para os máis novos, porque me fai gracia imaxinarme volvendo á infancia máis remota, e tamén porque creo que existen menos libros escritos verdadeiramente para eles.

As súas obras como autor/a