Rodari, Gianni
(enviar correo)Gianni Rodari naceu en Omegna, Piamonte (Italia), o 23 de outubro de 1920. En 1938 inÃciase como educador na casa dunha familia de xudeus alemáns fuxidos do seu paÃs. A partir de 1939 realiza suplencias na Facultade de Linguas da Universidade de Milán ata que, en 1941, obtén unha praza como mestre.Ó remata-la guerra, o seu compromiso polÃtico reflÃctese no seu labor como xornalista, xa que traballou en L'Umanitá, periódico do PCI, e despois foi director de Il Pioniere, un semanario da Federación Xuvenil Comunista.Desde 1958 colaborou, como xornalista profesional, en Paese Sera, xornal romano no que traballarÃa ata os seus últimos dÃas. Tamén colaborou en Il Corriere dei Piccoli, semanario infantil. Durante dous anos dirixiu Il Giornale dei Genitori, revista mensual, e participou en programas infantÃs de televisión.En 1970 concedéronlle o Premio Andersen. Morreu en Roma o 14 de abril de 1981.Rodari é un escritor cunha ampla e variada producción literaria, que abrangue novelas e contos fantásticos, obras en verso, ensaio e algunha obra teatral.ContribuÃu a renovar profundamente a literatura destinada ós nenos, coa aportación de temas novos e a presencia do humor e a fantasÃa sen caer en pedanterÃas nin moralismos. Neste senso, cabe destaca-la súa activa participación no debate padagóxico educativo dos anos sesenta e setenta.Moitas das súas obras foron traducidas ó galego.