Vázquez Freire, Miguel
(enviar correo)Miguel Vázque Freire (Corcubión, 1951) e colaborador como crÃtico de literatura infantil en numerosas publicacións. Foi director da revista infantil "Golfiño" e codirector da colección MerlÃn de Xerais, ademais de co-autor dos materiais educativos de FilosofÃa de Xerais (1990-2008) como membro do grupo de Didáctica da FilosofÃa Enxergo e promotor de «Pé de Imaxe» e de Nova Escola Galega. Como especialista en didáctica da filosofÃa publicou: "Nietzsche" (Xerais, 1990); "Iniciación á Estética" (Xerais, 1993); "PolÃtica e Sociedade" (Xerais, 1993); "Mandar, obedecer, rebelarse" (Xerais, 1996), "O moucho voa" (Xerais, 2022) ademais de realizar a tradución para o galego da obra de R. Descartes "O discurso do método" (Xerais, 2000). Para o público infantil publicou: "As aventuras do Gato Bógar" (Xerais, 1989); «O rapaz que non querÃa ser heroe nin sabÃa dicir amor», conto incluÃdo no volume "Contos da campaña 3" (1992); "A cor do elefante" (1994); a peza teatral, en colaboración con Gloria Sánchez, "A princesiña Socorro, o trobeiro Carolo e o demo dos cornos" (Xerais, 1995), "A primeira máquina de fotos" (1998), "O neno que tiña medo dos robots. O robot que tiña medo dos nenos" (1998), "MarÃa é maior" (2007), "Contos de Reis e de Nadal" (Xerais, 2007), "O souto escuro e perigoso" (Xerais, 2011), "Fadita fosca!" (2013). Como narrador publicou: "Proxecto pomba dourada" (1987, Xerais, 2000), novela; "A malvada MarÃa Xosé" (Xerais, 1989), novela; "GalerÃa de esquecidos de Feliciano Lobelos" (Xerais, 1993), relatos; "Anxos en tempos de chuvia" (Xerais, 1997), novela, incluÃda na Lista de Honra do IBBY 1999 e "Demos de verán" (Xerais, 2017), novela. A súa obra está traducida a todas as linguas peninsulares.