Logo Xerais

Info autor/a

López Rodríguez, Xavier

(enviar correo)

Xavier López Rodríguez (1956) naceu na aldea arraiana de San Ciprián de Hermisende (Zamora). Xornalista de profesión, reside e traballa en Santiago de Compostela desde 1985. Traballou en periódicos como "El Correo de Zamora", "El Norte de Castilla", "Diario de Galicia" e "Diario 16 de Galicia". En castelán publicou "Retrato de viejo con chupete" (1988) e "El clan de los sonámbulos" (1991). Comezou a publicar libros en lingua galega en 1993 con "Outros heroes", unha dura crónica sobre as víctimas das drogas. Xa no eido da narrativa publicou a continuación "A citación" (1995), "Coma unha pluma liviá" (1995), "Días de desterro" (Xerais 1996), "Linguas longas" (1998), "Brumoso" (Xerais 1998), "O neno que matou a Deus" (1998), Noitebra (Xerais 1999), Un burro hippy (2000), Catro pitas (2000), Amigo medo (2002), "Castiñeiro e compaña" (2003), "Destrucción" (Xerais 2003), finalista do Premio Xerais de Novela 2003 e Lixo (Xerais 2009), relatos e novelas dirixidos aos lectores e lectoras infantís, xuvenís ou adultos.

As súas obras como autor/a