Nicolás RodrÃguez, Ramón
(enviar correo)Ramón Nicolás (Vigo, 1966) é profesor e crÃtico literario. Escribe semanalmente nas páxinas do suplemento Fugas de "La Voz de Galicia" e con asiduidade no blog literario Caderno da crÃtica. É membro da Fundación Celso Emilio Ferreiro e doutras asociacións crÃticas e literarias, alén de dirixir a colección Biblioteca das Letras Galegas de Xerais. Asinou diversas traducións e ensaios, ademais de estudar a obra de autores como Manuel LuÃs Acuña, Manuel Lueiro Rey, Ãlvaro Cunqueiro, Ramón Cabanillas, LugrÃs Freire ou Celso Emilio Ferreiro. Os seus últimos libros foron a biografÃa "Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro" (Xerais, 2012) e as novelas "O espello do mundo" (Xerais, 2016) e "Lapis na noite" (Xerais, 2018). Foto de Anxo Cabada